Dentro da programación do Día do orgullo neofalante, o Concello de Neda presenta este sábado na biblioteca municipal, a partir das 12 h, o espectáculo de contacontos “Seguimos medrando en galego con Nano” de Raquel Queizás.
Trátase dunha obra con obxectos e monicreques – a protagonista e unha ra-que está pensada para desenvolver a comprensión oral na nosa lingua e a capacidade de atención dos nenos e nenas de entre 1 e 4 anos. Se queres desfrutar da proposta co teu fillo ou filla, chama ao 981390233. A actividade conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

