Contos para bebés en Narón, co programa Apego - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos
Este evento ha pasado.

Contos para bebés

É noite na granxa de Xan. Soa un espertador. Como todas as mañás o galo érguese antes de que saia o sol, sobe ao alto do tellado e disponse a cantar dándolle permiso ao sol para que apareza detrás das montañas. Pero ese día algo sae mal. O galo non ten forzas para cantar; e se o galo non canta todo o mundo sabe que o sol non se levanta… Non será que Xan se esqueceu de darlles a cea aos animais antes de ir para a cama a noite anterior?

Unha función chea de animais, pequenas historias e cantigas para recrear o día a día na granxa de Xan.

Data: mércores, 12 de febreiro de 2025

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 35 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal