Espectáculo «Contos a centos» de Paco Nogueras, actividade do programa Apego en Ferrol.
Contos tradicionais, poesía e relatos do autor enriquécense cun acompañamento musical elaborado expresamente para cada historia. Ademais, os retrousos e as cancións fan que as nenas e nenos poidan participar activamente nas sesións, ao acompañaren as historias coa súa voz, coas palmas ou cos acenos.
Inscrición: do 1 ao 10 de outubro ás 14 horas enviando un correo a gnl@ferrol.es. Deberase indicar nome e apelidos e idade do/da menor, nome, apelidos da persoa adulta, enderezo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se pechou o prazo
Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao mesmo enderezo de inscrición: gnl@ferrol.es
Público familiar. Nenas e nenos de 2 a 6 anos

