Contacontos ilustrado sobre as cantareiras na Biblioteca de Fene - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos
Este evento ha pasado.
Contacontos Ilustrado na Biblioteca Municipal de Fene:“Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas 2025” a cargo da compañía Polo correo do vento.
Para anotarse cómpre facelo presencialmente ou por teléfono (981 342 302) no horario de apertura da instalación: de luns a venres, de 16 a 21 horas ou o sábado, de 10 a 13 horas. Aforo limitado. Actividade dirixida a público de todas as idades.
“Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas 2025” é unha actividade de contacontos ilustrado na que se mestura oralidade, ilustración e música. Neste senso, realizarase unha contada sobre as homenaxeadas no Día das Letras Galegas deste ano, namentres unha ilustradora fai un mural e se escoitan pezas musicais. A actividade concluirá con todos os/as rapaces/as facendo unha caricatura da muller protagonista.
Organiza: Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña.