O espectáculo de narración oral «buscando a Rosalía» chega á Casa Dopeso, no marco do programa dos Xoves na Biblio do Concello das Pontes.
Raquel Queizás é a narradora desta historia: búscase nena moi imaxinativa, á que lle encante facer teatro e xogar coa poesía na nosa lingua. Será unha gran escritora de maior e escribirá con pluma e corazón.
Entrada libre, a partir de 3 anos.