Bombas de sementes, co proxecto Guizo de Narón - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos
Este evento ha pasado.

Obradoiro de creación de bombas de sementes mediante a técnica Nendo Dango ou bolas de arxila en xaponés, técnica creada por Masanobu Fukuoka para reforestar ecosistemas.

Data: sábado, 18 de abril de 2026

Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 60 minutos)

Lugar: centro cívico social do Couto.

Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Prazas limitadas. Os/as menores irán acompañad@s, como mínimo,  dunha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Máis info: www.naronengalego.gal

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.