Apego en Narón: Obradoiro de cociña solar de Os Picos do Sol - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos

Obradoiro que nos achegará ao funcionamento da enerxía solar térmica, de xeito fácil.

Coñeceremos:

  • Os modelos e tipos de cociña solar, principios básicos das cociñas solares e maneiras de uso.
  • As enerxías solares, o cambio climático e o futuro do desenvolvemento.
  • Construción dun forno tipo caixa, un destilador solar básico e un colector solar modelo funil.
  • Paralelamente iremos practicando con cociñas solares varias propostas culinarias.

 

Data: sábado, 13 de xuño de 2026

Horario: ás 11:00 h (duración aproximada entre 2 e 3 horas)

Lugar: centro cívico social do Couto.

Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Prazas limitadas. Os/as menores irán acompañad@s, como mínimo,  dunha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.