natureza archivos - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal

A forza e beleza dun río que segue a mover a vila

As augas do río Belelle alimentaron durante moito tempo unha industria panadeira cuxa fama transcende a contorna, convertendo o seu pan nun dos máis apreciados en toda a comunidade. A existencia dos muíños, documentada desde a Idade Media, propiciou en 1588 a fundación na vila das “Casas Reais. Fornos de Provisión ou Fábricas de Biscoito” [...]

2026-07-09T11:34:24+02:00julio 9th, 2026|

Defendendo unha costa de manifesta beleza natural

A decisión real, no século XVIII, de instalar o Arsenal en Ferrol incrementou as necesidades defensivas da zona. Desenvolveuse así un plan de protección da costa que incluía a construción de baterías colaterais para asistir ao tridente defensivo formado ata entón polos castelos de San Felipe, A Palma e San Martín (estas últimas na outra [...]

2026-06-17T12:10:06+02:00junio 17th, 2026|

Camiñando a carón do Eume

A vila das Pontes ten demostrado que a transformación e a resiliencia son características de seu. O exemplo máis claro está no lago, resultado dun proceso de rehabilitación ambiental único e exemplar, que converteu a vella mina nunha enorme masa de auga doce cunha praia de medio quilómetro. A bandeira azul ondea cada verán ao [...]

2026-05-28T13:47:26+02:00mayo 28th, 2026|

Fragas do Eume: de aventura no bosque

Temos o privilexio de contar con 9.000 hectáreas dun dos bosques atlánticos costeiros mellor conservados de Europa: as Fragas do Eume. O río Eume labrou o seu curso entre montañas, deixando unha paisaxe de canóns, ribeiras, fervenzas, presas e embalses que nos devolven a unha natureza virxe na que habitan incluso felgos de especies do [...]

2026-05-20T17:52:55+02:00mayo 20th, 2026|

Esmelle: Merlín, muíños e castros nunha aldea rebuldeira

Pode que neste tempo de pantallas e individualidades o máis precioso que se aprende en Esmelle sexa a forza da veciñanza, o valor do traballo en común. A Asociación de Veciños desta parroquia ferrolá puxo en marcha hai máis de dúas décadas un proxecto de recuperación do patrimonio etnográfico que ten recibido moitos premios e [...]

2026-05-11T11:21:18+02:00febrero 17th, 2026|

Paseos e áreas de lecer para gozar en Neda

Paseos, fermosas vistas e áreas de lecer para gozar en Neda Neda é unha vila tranquila e acolledora na que presta, e moito, gozar dunha tranquila xornada ao aire libre. Camiñar polo seu espléndido paseo marítimo ou polo seu fermoso casco histórico; divertirse nalgúns dos parques e áreas de lecer existentes; ou gozar de impresionantes [...]

2025-12-17T19:06:08+01:00diciembre 17th, 2025|

O Xeoparque Cabo Ortegal: unha viaxe ao interior da terra

Sabías que a maior parte da serra da Capelada foi unha antiga illa volcánica similar ao arquipélago de Xapón? E que as rochas da contorna da ría de Cedeira eran parte do fondo mariño hai 400 millóns de anos? Ou que os Aguillóns marcan a división entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico? Sete [...]

2025-11-18T13:38:00+01:00noviembre 18th, 2025|

Primeira Milla do Camiño Inglés

Camiño Inglés por Ferrol: Arquitectura e industria na Primeira Milla do Camiño O Camiño Inglés goza cada ano de maior prestixio e interese. O número de peregrinos que elixen Ferrol como punto de partida para iniciar o percorrido non para de medrar. Chegan de moitos países, algúns tan distantes como Taiwán o Papúa Nueva Guinea. [...]

2025-09-09T18:42:27+02:00septiembre 9th, 2025|

Saída por Cedeira: o parque San Isidro e paseo por un casco urbano cheo de sorpresas

Cedeira ten unhas fantásticas condicións para organizar unha xornada de convivencia ao aire libre, xa que dispón dun espazo enorme separado do tráfico, con zonas de sol e de sombra, randeeiras, fonte para beber, baños públicos e cunha praia longa e calma, a da Madalena, xusto ao lado. Agora que está próximo o remate do [...]

2025-05-26T13:03:46+02:00mayo 26th, 2025|

Área de Currás e castelo de Naraío, destinos en San Sadurniño para unha saída escolar

Ademais dos terreos da Cortiña, dos que temos falado noutro post, San Sadurniño conta con outro interesante espazo moi axeitado para visitas escolares: a área recreativa dos Currás, perfecta para gozar do bo tempo. Nela pódense practicar diferentes deportes, e desde mediados de xuño ata principios de setembro funciona tamén unha piscina que conta cun [...]

2025-05-06T13:10:12+02:00mayo 6th, 2025|