historia archivos - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal

Ferrol e o mar a través de dous museos

A cidade de Ferrol está tan ligada ao mar que o seu pasado, o seu presente e o seu futuro non se entenden sen el. Polo tanto, para coñecela ben é imprescindible afondar neste vínculo e a maneira máis doada de facelo é a través da visita a dous museos que, situados en dous edificios [...]

2026-07-17T13:17:02+02:00julio 17th, 2026|

Percorrido polo gardián de pedra da ría ferrolá

No Castelo de San Felipe as pedras non falan, pero si agochan historias que nos permiten viaxar ao pasado para nos converter, por uns instantes, en soldados cunha importante misión: protexer e salvagardar á ría de Ferrol dos ataques dos inimigos. Os antecedentes da fortificación remóntanse ao século XVI, mais desta primitiva construción tan só [...]

2026-06-23T13:23:10+02:00junio 23rd, 2026|

Defendendo unha costa de manifesta beleza natural

A decisión real, no século XVIII, de instalar o Arsenal en Ferrol incrementou as necesidades defensivas da zona. Desenvolveuse así un plan de protección da costa que incluía a construción de baterías colaterais para asistir ao tridente defensivo formado ata entón polos castelos de San Felipe, A Palma e San Martín (estas últimas na outra [...]

2026-06-17T12:10:06+02:00junio 17th, 2026|

Fragas do Eume: de aventura no bosque

Temos o privilexio de contar con 9.000 hectáreas dun dos bosques atlánticos costeiros mellor conservados de Europa: as Fragas do Eume. O río Eume labrou o seu curso entre montañas, deixando unha paisaxe de canóns, ribeiras, fervenzas, presas e embalses que nos devolven a unha natureza virxe na que habitan incluso felgos de especies do [...]

2026-05-20T17:52:55+02:00mayo 20th, 2026|

Un museo para conectar coa vida dos nosos avós

O Museo Etnográfico Monte Caxado é un lugar ao que dá gana de ir da man do avó ou da avoa. Teriamos tanto que comentar! Hai xa máis de corenta anos que o mestre Xosé María López Ferro iniciou, de entrada coa axuda dos seus propios alumnos e alumnas do colexio Monte Caxado, e despois [...]

2026-05-06T11:44:01+02:00mayo 6th, 2026|

O papel da construción naval ferrolá na historia marítima

Convidámosvos a unha singular travesía. Non será por mar, pero o mar será o protagonista. Porque foi arredor da súa condición de vila marítima como Ferrol iniciaría, na época da Ilustración, o seu crecemento e despegue como unha das cidades máis importantes da nosa comunidade. A Ruta da Construción Naval permite adentrarse en espazos fundamentais [...]

2026-02-03T10:12:29+01:00febrero 3rd, 2026|

Os rastros da antiga vila medieval das Pontes

A orixe da localidade das Pontes é incerta, aínda que con seguridade estivo relacionada co paso do río Eume e o camiño que o seu curso marca desde a vila de Lucus Augusti ata a costa atlántica. Sábese que houbo un asentamento romano na zona de Chamoselo, no lugar no que está a ponte máis [...]

2026-01-15T17:46:06+01:00enero 15th, 2026|

Unha viaxe aos muíños industriais de Xuvia no CIMIX

No emblemático muíño de Xuvia, unha das estampas máis turísticas do concello de Narón, atopamos un novo destino especialmente interesante para as excursións escolares: o Centro de Interpretación dos Muíños de Xuvia (CIMIX). En novembro do ano pasado abría as súas portas este espazo dedicado a divulgar a historia da Real Fábrica de Fariñas, a [...]

2025-11-11T12:41:21+01:00noviembre 11th, 2025|

Monfero: un mosteiro no corazón das Fragas

Arrodeado de verde, en pleno corazón das Fragas do Eume, atópase unha das xoias arquitectónicas da comarca: o mosteiro de Santa María de Monfero, declarado Monumento Histórico Artístico no ano 1941. A súa espectacular fachada barroca, que lembra un taboleiro de xadrez, dá paso a un edificio moito máis antigo, xa que se construíu sobre [...]

2025-10-27T12:46:59+01:00octubre 10th, 2025|

Fene: o Camiño Inglés con vistas a un fermoso patrimonio industrial e natural

O Camiño Inglés adéntrase no concello de Fene no lugar de Conces de Arriba, desde onde emprendemos unha ruta que, nos seus primeiros compases, brinda ao camiñante unha fermosa estampa do Fene naval, sector ao que está fortemente vinculado o municipio. Baixo o paraugas da factoría Astano (actualmente Navantia Fene), que chegou a ser un [...]

2025-10-09T18:12:12+02:00octubre 9th, 2025|