A forza e beleza dun río que segue a mover a vila
As augas do río Belelle alimentaron durante moito tempo unha industria panadeira cuxa fama transcende a contorna, convertendo o seu pan nun dos máis apreciados en toda a comunidade. A existencia dos muíños, documentada desde a Idade Media, propiciou en 1588 a fundación na vila das “Casas Reais. Fornos de Provisión ou Fábricas de Biscoito” [...]