Eventos en 26 octubre, 2024 – 1 noviembre, 2024 – Página 2 – DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal

Magín Blanco na Biblioteca das Pontes

Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco das Pontes Rúa Alexandre Bóveda, 22, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, Spain

Magín Blanco ofrecerá o seu espectáculo "Caderno de cores e cancións", para todas as idades e de entrada gratuíta.

Cine para todos os públicos nas Pontes

Casa Dopeso Rúa Rosalía de Castro, 28, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña

(cine de animación) Nun mundo cheo de maxia, habitado por criaturas fantásticas e monstros, desenvólvese unha épica aventura protagonizada por Zak, busca desesperadamente a Kyle, o seu irmán xemelgo que desapareceu misteriosamente; Zak non está só na súa procura, acompáñao Wowo, unha adorable, chiflada e diminuta bóla de pelo cun gran carácter e listo para axudarlle a dominar o poder da pedra máxica de jade e completar a súa temeraria misión antes de que sexa demasiado tarde.

Senda das ánimas en Neda

O Concello de Neda organiza o percorrido "Senda das Ánimas" no que a cativada poderá pedir doces e gozar do ambiente de Samaín. Inscrición previa do 21 ao 24 de outubro a través do teléfono 981 390233. Paralelamente haberá un magosto popular nas instalacións do CEIP San Isidro.

Ferrol: «Hansel y Gretel»

Capela do Torrente Ballester R/ Concepción Arenal, s/n, Ferrol, A Coruña, Spain

Atrapante Teatro (Andalucía): Hansel e Gretel. FESTEA. Entrada libre previa retirada de invitación

Samaín Cedeira: actividades no Paseo da Mariña e pasarrúas de pantasmas

Nas carpas do Paseo da Mariña de cedeira haberá: -Recollida e exposición de cabazas a partir das 17.00h. -Obradoiro de tallado de cabazas. -Obradoiro de maqueado. -Casa das Ánimas -Merendola de outono: a base de bola de azucre e requeixo. 20.30h: pasarrúas das pantasmas por todo o casco antigo: anímate a achegarte cunha saba, camisón [...]

Obradoiro de Samaín en Neda

Casa das Palmeiras Av. Algeciras, 47, Neda, A Coruña

Taller concibido para desfrutar en familia e especialmente dirixido aos nenos e nenas de sete anos en diante, no que terán ocasión de deseñar a decoración típica destas datas empregando materiais reciclados. Será entre as 16 e as 19 horas e, para participar, haberá que inscribirse no 981380039 (horario matinal).  

Cabicivai, de Pablísimo

Capela do Torrente Ballester R/ Concepción Arenal, s/n, Ferrol, A Coruña, Spain

No marco do programa Apego en Ferrol, espectáculo sobre rodas para público familiar a partir de tres anos. Entrada libre ata completar aforo.  

Samaín en Narón: actividades en San Mateo

CCS de San Mateo

O Centro Cívico e Social de San Mateo, a escola e as súas inmediacións serán o epicentro do Samaín en Narón. cun completo programa que dará comezo ás 17:00 h e inclúe exposición de cabazas realizadas por alumnado de Narón, obradoiros de cabazas e maquillaxe, actuacións musicais, obradoiro do Medo e a tradicional “Comitiva de [...]