Eventos en septiembre 18 – octubre 29 – DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal

Monicreques no Ateneo Ferrolán

Ateneo Ferrolán Rúa Magdalena 202-204, Ferrol, A Coruña, Spain

A compañía Buho Teatro ofrecerá "Hoxe tocame con mamá. Unha de Ratos” para crianzas a partir de 5 anos. “Ao ratonciño León presentaselle un grande problema, agora ten dúas casas, o seu corazón loita por non dividirse, porque as cousas non son como antes? les?, Teño eu a culpa? A entrada será en rexime de taquilla inversa , só nos doas a vontade se che gustou a obra.

Búho Teatro en Ferrol

Capela do Torrente Ballester R/ Concepción Arenal, s/n, Ferrol, A Coruña, Spain

Búho Teatro (Andalucía): "Hoy me toca con mamá. Una de ratones", en el festival FESTEA. Entrada libre previa retirada de invitación en la taquilla del Jofre.

Magín Blanco na Biblioteca das Pontes

Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco das Pontes Rúa Alexandre Bóveda, 22, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, Spain

Magín Blanco ofrecerá o seu espectáculo "Caderno de cores e cancións", para todas as idades e de entrada gratuíta.

Cine para todos os públicos nas Pontes

Casa Dopeso Rúa Rosalía de Castro, 28, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña

(cine de animación) Nun mundo cheo de maxia, habitado por criaturas fantásticas e monstros, desenvólvese unha épica aventura protagonizada por Zak, busca desesperadamente a Kyle, o seu irmán xemelgo que desapareceu misteriosamente; Zak non está só na súa procura, acompáñao Wowo, unha adorable, chiflada e diminuta bóla de pelo cun gran carácter e listo para axudarlle a dominar o poder da pedra máxica de jade e completar a súa temeraria misión antes de que sexa demasiado tarde.

Senda das ánimas en Neda

O Concello de Neda organiza o percorrido "Senda das Ánimas" no que a cativada poderá pedir doces e gozar do ambiente de Samaín. Inscrición previa do 21 ao 24 de outubro a través do teléfono 981 390233. Paralelamente haberá un magosto popular nas instalacións do CEIP San Isidro.

Ferrol: «Hansel y Gretel»

Capela do Torrente Ballester R/ Concepción Arenal, s/n, Ferrol, A Coruña, Spain

Atrapante Teatro (Andalucía): Hansel e Gretel. FESTEA. Entrada libre previa retirada de invitación

Samaín Cedeira: actividades no Paseo da Mariña e pasarrúas de pantasmas

Nas carpas do Paseo da Mariña de cedeira haberá: -Recollida e exposición de cabazas a partir das 17.00h. -Obradoiro de tallado de cabazas. -Obradoiro de maqueado. -Casa das Ánimas -Merendola de outono: a base de bola de azucre e requeixo. 20.30h: pasarrúas das pantasmas por todo o casco antigo: anímate a achegarte cunha saba, camisón [...]

Obradoiro de Samaín en Neda

Casa das Palmeiras Avda. Alxeciras 47, Neda, A Coruña

Taller concibido para desfrutar en familia e especialmente dirixido aos nenos e nenas de sete anos en diante, no que terán ocasión de deseñar a decoración típica destas datas empregando materiais reciclados. Será entre as 16 e as 19 horas e, para participar, haberá que inscribirse no 981380039 (horario matinal).  

Cabicivai, de Pablísimo

Capela do Torrente Ballester R/ Concepción Arenal, s/n, Ferrol, A Coruña, Spain

No marco do programa Apego en Ferrol, espectáculo sobre rodas para público familiar a partir de tres anos. Entrada libre ata completar aforo.