«Zapatiño de cartón e a carta dos bosques», na biblioteca de Fene
Biblioteca Municipal de Fene Av. Conces, 20, Fene, A Coruña, SpainCarballo con botas pecha o ciclo do "Mes da Biblioteca" coa función titulada "Zapatiños de cartón e a carta dos bosques".
A Orixe na Casa Dopeso
Casa Dopeso Rúa Rosalía de Castro, 28, As Pontes de García Rodríguez, A CoruñaA Orixe é un espectáculo de narración oral, manipulación de obxectos e monicreques. Unha exploradora chega á Biblioteca para compartir as narracións escoitadas durante as súas expedicións polo mundo. Ante os nenos e nenas dramatizará as lendas e contos coa axuda de pequenos tesouros recolleitos durante as súas viaxes. Incluído no programa Xoves na Biblio do Concello das Pontes. Para maiores de 3 anos, entrada de balde.
Contacontos sensorial para bebés en Narón
Biblioteca Municipal de Narón rúa 25 de xullo s/n, Narón, A Coruña, SpainContacontos sensorial para bebés, precia inscrición.
Cine nas Pontes: «Heroes de Central Park»
Casa Dopeso Rúa Rosalía de Castro, 28, As Pontes de García Rodríguez, A CoruñaUn monicreque de Don Quixote fugitivo cunha imaxinación ilimitada, e DJ Doggy Dog, un peluche abandonado que necesita un amigo, cruzarán os seus camiños en Central Park e uniranse contra vento e marea para unha épica aventura de amizade na cidade de Nova York. Pases o sábado 19 e o domingo 20, ás 17.00h.
Os Bolechas no Jofre
teatro Jofre Pza. de Galicia s/n, Ferrol, A Coruña, Spain"Os bolechas tocan nunha grande orquestra", función incluída no programa Falaredes. Entrada de balde, espectáculo familiar.
Cantajuego: Burbujas
Auditorio de Ferrol Avda. do Mar s/n, Ferrol, A Coruña, SpainO novo espectáculo de Cantajuego ofrece enerxía, risas, humor e cariño para xogar con cada burbulla de cor ao ritmo da música. Desde 19,80€, dous pases, ás 12.30 e ás 17.00h.
Contacontos debuxado en San Xiao, Narón
Centro Cívico Social de San Xiao lugar da Igrexa s/n, Narón"Debulendo lendas" é un espectáculo de Kamishibai de Tarabelos: títeres e contacontos para nenas e nenos de 3 a 6 anos e as súas familias.
Teatro Ghazafelhos nas Pontes
Casa Dopeso Rúa Rosalía de Castro, 28, As Pontes de García Rodríguez, A CoruñaEn "Monstros no Camiño", tres investigadores de Europa do Leste que viaxaron polo camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais organizan un simposium para demostrar os resultados da súa aventura. Coa axuda dunha máquina inventada por eles mesmos serán capaces de convocar aos distintos monstros: desde Drácula e Lobisome ata as Meigas, a Santa Compaña ou o Sacauntos. Todo acompañado sempre do humor absurdo dos tres Ghazafelhos nun espectáculo familiar cheo de risas.
Monicreques no Ateneo Ferrolán
Ateneo Ferrolán Rúa Magdalena 202-204, Ferrol, A Coruña, SpainA compañía Buho Teatro ofrecerá "Hoxe tocame con mamá. Unha de Ratos” para crianzas a partir de 5 anos. “Ao ratonciño León presentaselle un grande problema, agora ten dúas casas, o seu corazón loita por non dividirse, porque as cousas non son como antes? les?, Teño eu a culpa? A entrada será en rexime de taquilla inversa , só nos doas a vontade se che gustou a obra.