Eventos en septiembre 18 – octubre 19 – DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal

Títeres Alakran en Ferrol

Capela do Torrente Ballester R/ Concepción Arenal, s/n, Ferrol, A Coruña, Spain

Títeres Alakrán (Galicia): A Cuba! Dentro do ciclo FESTEA. Entrada libre previa retirada de invitación

Cine «Buffalo Kids»

Casa Dopeso Rúa Rosalía de Castro, 28, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña

Venda anticipada de entradas en https://aspontes.sacatuentrada.es/ ou desde unha hora antes na billeteira

«Pedro, a mentira e o lobo» en Ferrol

Capela do Torrente Ballester R/ Concepción Arenal, s/n, Ferrol, A Coruña, Spain

A compañía portuguesa Fío d’Azeite ofrece a historia de "Pedro, a mentira e o lobo". Festival FESTEA. Centro cultural Torrente Ballester. Entrada libre previa retirada de invitación na taquilla do Jofre.

«Terra de cogomelos»: saída ao monte para familias

SAÍDA AO MONTE PARA FAMILIAS. Os cogomelos como recurso ambiental e pedagóxico. Polo Monte Forgoselo. A visita será guiada por Rubén Villasenín e Miriam Miramontes (Asociación Amabul). Prazas limitadas, requírese inscrición previa. 🎫 Inscríbete no formulario: https://form.jotform.com/242661742105350

Cine «Buffalo Kids»

Casa Dopeso Rúa Rosalía de Castro, 28, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña

Venda anticipada de entradas na web https://aspontes.sacatuentrada.es/ ou desde unha hora antes na billeteira.

A Orixe na Casa Dopeso

Casa Dopeso Rúa Rosalía de Castro, 28, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña

A Orixe é un espectáculo de narración oral, manipulación de obxectos e monicreques. Unha exploradora chega á Biblioteca para compartir as narracións escoitadas durante as súas expedicións polo mundo. Ante os nenos e nenas dramatizará as lendas e contos coa axuda de pequenos tesouros recolleitos durante as súas viaxes. Incluído no programa Xoves na Biblio do Concello das Pontes. Para maiores de 3 anos, entrada de balde.

Cine nas Pontes: «Heroes de Central Park»

Casa Dopeso Rúa Rosalía de Castro, 28, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña

Un monicreque de Don Quixote fugitivo cunha imaxinación ilimitada, e DJ Doggy Dog, un peluche abandonado que necesita un amigo, cruzarán os seus camiños en Central Park e uniranse contra vento e marea para unha épica aventura de amizade na cidade de Nova York. Pases o sábado 19 e o domingo 20, ás 17.00h.