Eventos pasados de mayo 22 – junio 9 – DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal

«As letras que voan con nome de muller» en San Sadurniño

Casa da Cultura de San Sadurniño Avenida Marqués de Figueroa, 13, San Sadurniño, A Coruña, Spain

“As letras que voan con nome de muller” é un espectáculo de narración oral producido por Trémola Teatro que se desenvolverá o venres 22 de maio ás 19:00 horas na Casa da Cultura de San Sadurniño. A actividade, cunha duración aproximada de 45 minutos, está recomendada para nenas e nenos a partir dos catro anos [...]

Os superpoderes das aves de Alouette Machine en Narón

Centro Social do Couto Camiño do Corveiro, 7, Narón, A Coruña, Spain

Obradoiro de imprenta creativa para achegarnos ao funcionamento dunha imprenta e ao mundo das aves que nos rodean, poñendo en valor o uso da lingua e o noso patrimonio cultural e ambiental.   Data: sábado, 23 de maio de 2026 Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 90 minutos) Lugar: centro cívico social do Couto. Destinatari@s: dirixido a nenos e [...]

Petís Dúplex: «Heidi, el rescate del lince»

Cines Duplex Travesía Moreno 3, Ferrol, A Coruña, Spain

Os plans de verán de Heidi dan un envorco inesperado cando descobre a un neno de lince ferida. Ao tomar a decisión de rescatar ao animal e axudalo a volver coa súa familia, Heidi embárcase nunha emocionante aventura que poñerá a proba a súa valentía e o seu corazón. Ano 2025 | Duración 106′ Ciclo [...]

Talleres didácticos na Casa do Mel de Goente

Casa do Mel Estrada de Pontedeume,, As Pontes, Spain

A Casa do Mel de Goente vai celebrar o Día da Abella con obradoiros e talleres infantís para nenos e nenas a partir de tres anos. As prazas son limitadas e se adxudicarán por orde de inscrición. Hai que chamar ao 661 003 616 ou escribir a casadomel@vodafones.es    

As máis molonas de Pakolas en Narón

Centro Cívico Social de San Xiao lugar da Igrexa s/n, Narón

As mais molonas de Pakolas é un espectáculo musical que recolle as cancións máis aclamadas polo público infantil rockeiro galego, cantadas e contadas. Os exitazos de Pakolas!   Data: mércores, 27 de maio de 2026 Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 55 minutos) Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón. Destinatari@s: recomendado para público infantil e as súas [...]

«A cebra Camila», nos Xoves na Biblio das Pontes

Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco das Pontes Rúa Alexandre Bóveda, 22, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, Spain

Espectáculo "A cebra Camila", de Catuxa, no programa os Xoves na Biblio do Concello das Pontes. Na Biblioteca Municipal das Pontes, para bebés de cero a tres anos.  

Petís Dúplex: «Heidi, el rescate del lince»

Cines Duplex Travesía Moreno 3, Ferrol, A Coruña, Spain

Os plans de verán de Heidi dan un envorco inesperado cando descobre a un neno de lince ferida. Ao tomar a decisión de rescatar ao animal e axudalo a volver coa súa familia, Heidi embárcase nunha emocionante aventura que poñerá a proba a súa valentía e o seu corazón. Ano 2025 | Duración 106′ Ciclo [...]

Cacho Animalada!! de Vero Rilo e música de Luís Iglesias, con Apego en Ferrol

Capela do Torrente Ballester R/ Concepción Arenal, s/n, Ferrol, A Coruña, Spain

Cacho Animalada!!!  é un espectáculo fresco, despreocupado e necesario para gozar en familia Espectáculo cos contos de Vero Rilo e a música de Luís Iglesias, con guitarra, voz e outros trebellos). Actividade para aventurarse  nun camiño diverso, transitado por contos da nosa tradición oral, versións libres e revisitadas dos Contos de Fadas de Ángela Carter, contos [...]

Musical «O Libro da Selva» no Pazo da Cultura de Narón

Pazo da Cultura de Narón Rúa Holanda s/n, Narón, A Coruña, Spain

A historia clásica de Rudyard Kipling revive en galego nun gran musical para toda a familia. *Ártika Cía invítannos a entrar nunha selva moi especial: unha cidade chea de animais, gobernada polo implacable Sherekhan. Mowgli chega a este novo mundo e terá que aprender as súas regras para poder convivir cos seus habitantes. Mas… conseguirá [...]

Apego en Ferrol: Contos da Tribo, de Cris de Caldas

Centro Cívico de Caranza Avda. Castelao s/n, Ferrol, A Coruña, Spain

Actividade de contos contados, formación e exposición de libros para crear comunidade arredor da lectura. Crianzas e persoas adultas comparten historias con música en directo nun espazo vivo, participativo e cheo de afecto. A sesión inclúe unha coidada selección de libros, para crear curiosidade arredor da lectura. Unha experiencia viva e participativa para gozar xuntas [...]