Teatro Ghazafelhos nas Pontes
Casa Dopeso Rúa Rosalía de Castro, 28, As Pontes de García RodríguezEn "Monstros no Camiño", tres investigadores de Europa do Leste que viaxaron polo camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais organizan un simposium para demostrar os resultados da súa aventura. Coa axuda dunha máquina inventada por eles mesmos serán capaces de convocar aos distintos monstros: desde Drácula e Lobisome ata as Meigas, a Santa Compaña ou o Sacauntos. Todo acompañado sempre do humor absurdo dos tres Ghazafelhos nun espectáculo familiar cheo de risas.