Eventos en 17 octubre, 2024 – DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
En marcha

A Orixe na Casa Dopeso

Casa Dopeso Rúa Rosalía de Castro, 28, As Pontes de García Rodríguez

A Orixe é un espectáculo de narración oral, manipulación de obxectos e monicreques. Unha exploradora chega á Biblioteca para compartir as narracións escoitadas durante as súas expedicións polo mundo. Ante os nenos e nenas dramatizará as lendas e contos coa axuda de pequenos tesouros recolleitos durante as súas viaxes. Incluído no programa Xoves na Biblio do Concello das Pontes. Para maiores de 3 anos, entrada de balde.