Pingota, autor en DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal - Página 2 de 12

About Pingota

This author has not yet filled in any details.
So far Pingota has created 117 blog entries.

Museo Mares de Cedeira: o orgullo dunha vila mariñeira

A recente descuberta dos restos dunha vella fábrica de salgadura na praia da Madalena -na que existiron ata sete!- representa só un capítulo máis na produtiva relación que Cedeira tivo sempre co mar. É unha historia da que a esta vila lle gusta presumir, de aí que teña un museo, o Mares, no que se [...]

2026-03-09T12:04:57+01:00marzo 9th, 2026|

O arte urbano enche de vida e color a vila fenesa

Houbo un tempo, alá entre os anos 60 e 80, no que Fene presumía, e moito, do seu Cine Perla. O espazo constituía un importante punto de encontro cultural e de lecer e un destino perfecto para gozar dunha boa película, botar unhas pezas nas sesións de baile ou mesmo acudir a algún que outro [...]

2026-02-23T12:49:30+01:00febrero 20th, 2026|

Esmelle: Merlín, muíños e castros nunha aldea rebuldeira

Pode que neste tempo de pantallas e individualidades o máis precioso que se aprende en Esmelle sexa a forza da veciñanza, o valor do traballo en común. A Asociación de Veciños desta parroquia ferrolá puxo en marcha hai máis de dúas décadas un proxecto de recuperación do patrimonio etnográfico que ten recibido moitos premios e [...]

2026-05-11T11:21:18+02:00febrero 17th, 2026|

Aprendendo arqueoloxía práctica

Desenterrar a historia coas nosas propias mans é posible sen saír da cidade. No centro cultural Torrente Ballester atopamos unha iniciativa da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial -sostida pola Universidade da Coruña e o Concello de Ferrol- que ofrece aos centros educativos a posibilidade realizar escavacións nun arqueódromo que constitúe un recurso didáctico único [...]

2026-02-10T12:55:59+01:00febrero 4th, 2026|

O papel da construción naval ferrolá na historia marítima

Convidámosvos a unha singular travesía. Non será por mar, pero o mar será o protagonista. Porque foi arredor da súa condición de vila marítima como Ferrol iniciaría, na época da Ilustración, o seu crecemento e despegue como unha das cidades máis importantes da nosa comunidade. A Ruta da Construción Naval permite adentrarse en espazos fundamentais [...]

2026-02-03T10:12:29+01:00febrero 3rd, 2026|

Os rastros da antiga vila medieval das Pontes

A orixe da localidade das Pontes é incerta, aínda que con seguridade estivo relacionada co paso do río Eume e o camiño que o seu curso marca desde a vila de Lucus Augusti ata a costa atlántica. Sábese que houbo un asentamento romano na zona de Chamoselo, no lugar no que está a ponte máis [...]

2026-01-15T17:46:06+01:00enero 15th, 2026|

Descubrindo a pegada do «Gaudí galego» en Ferrol

Ferrol está unido a través da súa arquitectura a cidades como Viena ou París e a artistas como Gaudí, Gustav Klimt ou Alphonse Mucha. A cidade forma parte do circuíto europeo do modernismo grazas á figura de Rodolfo Ucha, arquitecto municipal nos primeiros 40 anos do século XX e responsable da introdución nesta esquina noroeste [...]

2026-01-08T12:27:11+01:00enero 8th, 2026|

O Museo Xaquín Marín: para rir e reflexionar arredor do humor

Pregunta para toda a clase: coñecedes algúns dos beneficios que o humor ten para a nosa saúde e para o noso desenvolvemento persoal e cognitivo? Seguro que se vos ocorre máis de un, pero… e se o comprobades por vós mesmos somerxéndovos nun museo dedicado precisamente ao humor? Se vos parece boa idea, preparade as [...]

2025-12-30T11:59:41+01:00diciembre 30th, 2025|

Paseos e áreas de lecer para gozar en Neda

Paseos, fermosas vistas e áreas de lecer para gozar en Neda Neda é unha vila tranquila e acolledora na que presta, e moito, gozar dunha tranquila xornada ao aire libre. Camiñar polo seu espléndido paseo marítimo ou polo seu fermoso casco histórico; divertirse nalgúns dos parques e áreas de lecer existentes; ou gozar de impresionantes [...]

2025-12-17T19:06:08+01:00diciembre 17th, 2025|

O Xeoparque Cabo Ortegal: unha viaxe ao interior da terra

Sabías que a maior parte da serra da Capelada foi unha antiga illa volcánica similar ao arquipélago de Xapón? E que as rochas da contorna da ría de Cedeira eran parte do fondo mariño hai 400 millóns de anos? Ou que os Aguillóns marcan a división entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico? Sete [...]

2025-11-18T13:38:00+01:00noviembre 18th, 2025|