Estaleiro Ferrol

Convidámosvos a unha singular travesía. Non será por mar, pero o mar será o protagonista. Porque foi arredor da súa condición de vila marítima como Ferrol iniciaría, na época da Ilustración, o seu crecemento e despegue como unha das cidades máis importantes da nosa comunidade.

A Ruta da Construción Naval permite adentrarse en espazos fundamentais da historia da construción naval ferrolá nas épocas de vacacións; porén resérvanse ao longo de todo o ano visitas para grupos escolares.

O seu privilexiado porto natural foi elixido como o lugar perfecto para crear os estaleiros reais e o gran arsenal da Armada. O óptimo estado de conservación da meirande parte dos elementos deste patrimonio industrial e militar vinculado á esplendorosa época da Ilustración fai que a Ruta da Construción Naval constitúa unha potente e atractiva ferramenta para achegar os escolares ao pasado e presente da urbe ferrolá.

A proposta inclúe a visita a espazos como o Arsenal, en cuxo interior está o Dique da Campá, considerada a mellor obra hidráulica do século XIX, así como por outro dos emblemas industriais da cidade, o estaleiro Navantia, referente mundial no deseño e construción de buques e con importantes fitos ao longo de súa historia, así como polo Cuartel de Dolores, o máis antigo de España; ou o Pazo de Capitanía.

A ruta propón outros puntos de interese e moi significativos no devir da construción naval ferrolá, como o Museo Naval e o Museo da Construción Naval; o Castelo de San Felipe; ou a Sociedade Galega de Historia Natural, dos que vos falamos noutras páxinas desta revista.

Grúa Navantia, Ferrol Dique, Ferrol Cuartel de Dolores, Ferrol

 

Inscricións e máis información en: ferrolguias.com/#visitas-ferrol-grupos
Facebook: www.facebook.com/larutadelaconstruccionnaval/?locale=es_ES
Instagram: @ruta_naval_ferrol