Pregunta para toda a clase: coñecedes algúns dos beneficios que o humor ten para a nosa saúde e para o noso desenvolvemento persoal e cognitivo? Seguro que se vos ocorre máis de un, pero… e se o comprobades por vós mesmos somerxéndovos nun museo dedicado precisamente ao humor? Se vos parece boa idea, preparade as vosas mellores risas que a aventura está a piques de comezar.

Para vivir esta experiencia teremos que trasladarnos ata Fene, municipio no que a finais de 1984 era inaugurado un espazo único e singular que tivo na figura de Xaquín Marín o seu principal impulsor, e que desde 2023 dálle o seu nome ao centro. A obra do recoñecido humorista gráfico fenés forma parte, desde entón, dos fondos dun espazo que tamén permite o achegamento a outros dos principais referentes de humor gráfico galego, nacional e internacional, sumando máis de 300 orixinais entre as súas paredes.
A exposición complétase con outros interesantes recursos, obxectos graciosos ou curiosos, como as figuras do “Galego nas escaleiras”; espellos cóncavos e convexos que nos devolven imaxes deformadas que nos farán pasar un bo rato e moitos outros elementos reunidos cunha mesma intención: entreter a divertir a través de pezas que, dalgún xeito, convidan tamén á reflexión.
O Concello de Fene ofrece cada novo curso visitas gratuítas ao museo para grupos escolares. Se vos animades a gozar desta marabillosa experiencia, podedes contactar co propio Museo.
O programa de visitas escolares adáptase aos grupos de idade e permite aos rapaces e rapazas gozar dunha experiencia didáctica e moi divertida.
Horario:
Inverno
De luns a venres: de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas / Sábados: de 10.00 a 13.00 horas / Domingos e festivos pechado
Verán e periodos vacacionais (Navidad, Semana Santa, Entroido…)
De luns a venres: de 10.00 a 14.15 horas.
Horarios das visitas guiadas: de luns a venres, entre 9:00 a 14:00 horas.
Contacto: museodohumor@fene.gal ou museodohumor@gmail.com / Teléfonos: 981 342 400 / 981 341 451.
Web: fene.gal/museo-do-humor/portada-museo-humor/gl
Duración das visitas: entre unha hora e hora e media en función do grupo de idade. É optativo complementala con algunha proxección audiovisual ou taller.