A natureza é a protagonista do Museo da Sociedade Galega de Historia Natural, situado nun edificio militar reconvertido para fins divulgadores e científicos.

O seu contido procede de doazóns particulares e da propia actividade da SGHN e entre as súas pezas destacan a impresionante colección de fósiles e de ósos de mamíferos e aves, unha lura xigante somerxida nun líquido conservante e un esqueleto dunha balea pendurado do teito.

Posúe ademais un interesante herbario e un xardín con diferentes especies arbóreas.

 

O Museo da Sociedade Galega de Historia Natural abre de martes a sábado
de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30. Domingos e festivos de 10:30 a 14:00.
Pódense concertar visitas guiadas en museo@sghn.org
Link á web: https://sghn.org/sghn/museo/