A historia antiga é algo interesante tanto para adultos como para os máis pequenos, que a través de figuras enmarcadas en películas ou literatura infantil coma as princesas, as guerras, os temibles soldados a cabalo, ou os impoñentes castelos, comezan a sentir unha gran curiosidade polo mundo da historia case sen percatarse.
Ninguén pode revivir ningunha destas figuras nin levar aos nenos e nenas ata aqueles anos, máis a nosa revista DeExcursión ofrece suxestións para coñecer ao único desta época que segue entre nós e que pode facer sentir como se de súpeto estivésemos séculos atrás: os castelos.
Ademais, na comarca ferrolana temos a sorte de contar con varias fortalezas de distintas épocas que poden levarnos a unha viaxe histórica incrible:
Ata esta xoia arquitectónica do Concello de Ferrol pódese chegar polo mar en lancha, e nel poderemos sumerxirnos no século XVI coas visitas teatralizadas que se poden concertar tanto polas mañás coma polas tardes.
Construído no século XIV, no cal os nenos e nenas poderán sentirse como verdadeiros Irmandiños á vez que coñecen unha das primeiras revoltas a nivel europeo a través dunha visita guiada, pensada tanto para educación infantil como para alumnos de Bacharelato.
Se buscamos facer unha ruta máis profunda, de ata 2 quilómetros no Concello de San Sadurniño, poderemos facelo percorrendo o Pazo da Marquesa, o convento do Rosario e a capela de Belén. Se pola contra preferimos unha ruta que combine tamén a natureza poderemos facer a do Río Castro que nos levará ata o Castelo de Naraío, o cal está situado sobre unha rocha a case 100 metros de altura sobre o río.
Por último os nenos e nenas poderán ir ata a vila mariñeira de Cedeira para visitar nesta o castelo da Concepción, levantado polos propios cedeirenses no 1747.
Como vemos, existe unha gran oferta de visitas para todos os gustos que dende DeExcursion esperamos fomenten entre os colexios a ensinanza histórica dende un punto de vista máis entretido e ameno para todos os nenos e nenas, que de seguro gozarán moito sentíndose verdadeiros personaxes de época e sobre todo aprendendo cada día un pouquiño máis.