Hai anos que a cadena de supermercados Gadis desenvolve un programa de visitas escolares no que os rapaces aprenden a importancia de comer ben e tamén de empregar os alimentos con responsabilidade e sen desperdiciar. É o programa «Alimentes», que consta dunha guía de recursos para o profesorado e fichas de traballo para facer dentro da aula. A experiencia complétase coa visita a un supermercado Gadis no que os pequenos descobren moitas cousas que lles pasan desapercibidas cando van cos seus pais ou os seus abós.
O programa Alimentes desenvolverase entre os meses de xaneiro e xuño. En Ferrol, as visitas faránse ao supermercado da praza do Inferniño e en Narón, ao da Estrada de Cedeira. A excursión é para grupos dun máximo de 25 alumnos e programarase para os mércores ou xoves ás 10.00 ou ás 11.00 horas. Ao finalizar a visita, os nenos recibirán un regalo e entrarán nun sorteo con moitos premios.
Os centros interesados en organizar unha visita escolar a Gadis poden solicitar a súa inscrición por correo electrónico, na dirección eleproducciones@eleproducciones.com ou ben a través do número de teléfono 981 369 005.
Toda a información do programa está na web http://www.gadis.es/visitas-escolares. Visitádea!