NEDA

PERCORRIDO POLA NATUREZA
Monte de Ancos
43°31’03.6”N 8°08’28”WConcello de Neda
Tlfo. 981 380 039
www.neda.esFerrol 13 Km
A Coruña 53 Km
Viveiro 78 Km
Santiago 97 Km

Unha das mellores panorámicas da comarca é a que atopamos desde o Monte de Ancos, que cos seus 262 metros de altitude ofrece unhas vistas impresionantes de toda a ría de Ferrol.
Desde este miradoiro é posible contemplar en días despexados, non só a desembocadura do río Grande de Xuvia e a zona de Ferrol, senón que
tamén se alcanza a ver a vila de Sada e a cidade de Coruña.
Para chegar ata o punto máis elevado, onde se atopa o miradoiro, débense percorrer cerca de tres quilómetros, onde a pendente no seu tramo central é do 14%, polo que non é unha actividade apta para facer con nenos pequenos nin tampouco en días excesivamente calorosos. Porén, a área conta cun espazo de estacionamento para coches e autobuses.
Ademais das vistas excepcionais, é unha excursión moi interesante pola paisaxe e o valor ambiental do lugar, no que se están a repoboar as especies árboreas autóctonas desde o ano 2018. Nas inmediacións atópase tamén o castro de Ancos, relacionado coa lenda da antiga cidade de Libunca, unha urbe que supostamente estivo habitada na zona ata ben entrada a Idade Media.
O paseo marítimo de Neda é o punto de unión do municipio co concello de Narón por un lado, e con Fene polo outro. Ademais de ter bancos e áreas de descanso, conta con tres parques infantís e unha pista polideportiva ao aire libre, polo que pode ser un lugar estupendo para facer un parón na excursión e desfrutar dun tempo de xogo nun ambiente relaxado.

Idades: Quinto e Sexto de Primaria, ESO e Bacharelato
Materias: Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación Física
Recomendacións: Levar prismáticos para a visita ao monte de Ancos. Ir ben atentos e atentas ás aves que se poden ver no paseo marítimo, onde abundan os parrulos
Máis información: De camiño ao miradoiro deixamos atrás a Mourela Alta, onde conta a lenda que se librou a última batalla contra os mouros

XOGANDO COA AUGA
Lugar Cobeluda, 51 15577 Neda
43°30’27.6”N 8°05’29.9”WFervenza Belelle
43°28’56.1”N 8°07’16.8”WAsociación da Cobeluda (Marta) Telf. 611 425 511
www.facebook.com/Area-Recreativa-Ponte-da-Cobeluda-289844564524576/Ferrol 15Km
A Coruña 55Km
Viveiro 74Km
Santiago 98Km

Neda é unha vila cunha íntima conexión coa auga e a natureza, que se ve reflectida en toda a súa contorna. A Fervenza do Río Belelle está situada na parroquia do Roxal, e é unha das paisaxes fluviais máis atractivas da zona.
Para chegar ata ela pódese facer unha ruta circular desde o pazo de Isabel II, unha antiga fábrica de tecidos, cun aparcadoiro público ao seu carón. Este camiño discorre á beira do Belelle, onde antigamente chegaron a existir sobre 40 instalacións, entre muíños, fábricas e ferrerías. A fervenza conta cunha caída de 45 metros e varias pozas na súa base, onde é moi habitual ver a xente dándose un baño durante o verán.
Outro dos espazos naturais de interese no concello é a Área recreativa da Ponte da Cobeluda, que conta cunha piscina natural de 50 metros de longo e 10 de ancho, creada polo río Castro. Actualmente neste emplazamento hai un parque infantil, lareiras e unha zona de merendeiro, que completan a oferta de servizos do lugar.
Ademais de poder pasar un día de lecer baixo o sol, existen diferentes rutas de sendeirismo que se poden percorrer cos escolares, e aínda que algunhas están máis orientadas a persoas con experiencia neste tipo de actividades, hai outras que permiten bordear o río Castro de maneira sinxela cos máis pequenos.
A calidade da auga de Neda reflíctese no seu pan. É considerada a capital do trigo de Galicia, e cada ano desde hai máis de 30 celebran na primeira fin de semana
de setembro, a Festa do Pan. Nesta celebración, ademais dunha degustación e venda de produtos, realízanse outras actividades paralelas, entre elas actuacións musicais.

Idades: De Infantil a Bacharelato
Materias: Educación Física, Ciencias Naturais, Xeografía e Historia
Duración: Estímase en media xornada cada unha das rutas
Recomendación: Levar auga e roupa e calzado axeitados para camiñar
Máis información: Na fervenza e polos seus arredores hai un sendeiro que aparece en varias rutas de sendeirismo:
www.encantorural.com/ruta/a-coruna/ruta-rio-y-fervenza-do-belelle/49
