NARÓN

Separador

RUTA DOS MUÍÑOS

  • Saída do Mosteiro de
    San Martiño de Xuvia
    43°29’53.6”N 8°10’26.9”W

  • Tel. 981 337 700 Ext. 2301
    turismo.naron.es/ruta-de-los-molinos

  • Ferrol 5 Km
    A Coruña 52 Km
    Viveiro 87 Km
    Santiago 95 Km

Aldea Nova

A Ruta dos Muíños é un percorrido duns 14 quilómetros pola beira do río Xuvia, situada nunha zona na que se localizan antigos muíños, presas, pontes e igrexas. Permite coñecer lugares de interese histórico e cultural do Concello de Narón ao mesmo tempo que se goza da natureza. O río Xuvia é un dos lugares máis atractivos do municipio, polas súas paisaxes idílicas e a súa vexetación, formada por carballos, castiñeiros, ameneiros, salgueiros e diferentes flores silvestres como a melisa ou os fentos. A ruta comeza no mosteiro de San Martiño de Xuvia, un monumento declarado Ben de Interese Cultural cun pasado moi rico e ligado a grandes episodios da historia de Galicia e remata na área recreativa de Pedroso, unha importante zona de descanso, con mesas, bancos, parque infantil, cafetería e un espazo de acampada con cabanas de madeira.

No traxecto podemos visitar diferentes lugares como o muíño das Aceñas, o de Xuvia ou o de Entrerríos, un magnolio de trescentos anos, a Presa do Rei, que abastecía a auga da Real Casa da Moeda de Xuvia, a ponte románica de Pielas, a fonte de Odín ou a igrexa de Doso. Para enriquecer a experiencia, o itinerario está totalmente sinalizado e conta con audioguías en cada un dos puntos. Para acceder a elas, é necesario escanear co móbil os códigos QR situados nos paneis de información.

Aldea Nova

A ficha

  • Materias relacionadas: Ciencias Naturais, Bioloxía, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación Física
  • Idades: Primaria, ESO e Bacharelato
  • Ten unha dificultade media
  • A duración é de 2 horas en bici e 4 horas andando cunha lonxitude de 14 Km
  • Non facer esta ruta en época de choiva polas inundacións nas zonas próximas ao río
  • A cafetería da área recreativa de Pedroso está aberta no verán, o resto do ano abre para eventos ou as fins de semana en primavera
  • Información da ruta en Wikiloc en es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-dos-muinos-31086664
rutas por Ferrol

ALDEA NOVA

Aldea Nova

O municipio de Narón goza dende o ano 2008 da Granxa Escola Aldea Nova, situada nun espazo natural con vistas privilexiadas ao Monte dos Nenos, que pertence á parroquia de Sedes. Considéranse un parque temático do mundo rural, onde os nenos e nenas poden coñecer a vida dunha típica aldea galega e realizar diferentes tarefas agropecuarias. Aldea Nova ofrece unha experiencia moi completa grazas as súas instalacións e ao persoal da granxa. Os monitores e profesores deseñan de forma individual cada visita adaptándose a idade e intereses de cada grupo. Os animais de Aldea Nova son os principais protagonistas do lugar e todos eles están encantados de recibir visitas, especialmente o burro Roque.

Tamén hai unha horta e un invernadoiro, onde poden aprender nocións básicas de agricultura, así como un campo de xogos, no que realizar todo tipo de actividades. Os rapaces e rapazas poderán achegarse ao mundo da astronomía grazas ao planetario, no que se proxectan películas incribles sobre as estrelas, os planetas ou o universo. Para os máis aventureiros, Aldea Nova ofrece a posibilidade de vestirse co traxe de apicultor e visitar as colmeas, ademais de catar diferentes tipos de mel ou facer as súas propias candeas. Durante a visita pódese ver tamén a recreación dun antigo castro e o seu dolmen, ou a casa museo da granxa, onde os escolares poden descubrir como vivían e traballaban os seus devanceiros, grazas a unha colección de instrumentos de labranza.

Aldea Nova

A ficha

  • Museo / centro de interpretación
  • Materias relacionadas: Ciencias Naturais, Bioloxía, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia
  • Idades: Infantil, Primaria e ESO
  • Duración: media ou xornada completa. Hai un albergue con 40 prazas, que ofrece a posibilidade de alongar a visita varios días e un comedor con capacidade para 150 persoas.
  • Prezo para escolas: entre 10 e 12 euros por neno, segundo as horas
  • O parque funciona todo o ano, tamén en fin de semana.
  • Programa didáctico sobre a visita a unha granxa-escola: aprendizajeenproyectos.blogspot.com/2013/04/nos-vamos-la-granja-escuela_25.html
  • Obxectivos e beneficios dunha granxa-escola: formainfancia.com/granja-escuela-eje-educacion-ambiental
rutas por Ferrol

ÁREA RECREATIVA DE PEDROSO

Aldea Nova

A Área Recreativa de Pedroso localízase nunha zona natural ao lado do río Xuvia. É un lugar escollido por moitas familias e grupos escolares para pasar o día no campo ou para repousar despois dunha longa xornada de sendeirismo pola contorna. Case todo o perímetro é Zona Natural Protexida e hai numerosas rutas que a percorren e pasan por lugares con moita historia. Son especialmente interesantes os muíños rehabilitados (o de Xuvia, Entrerríos, ou o das Aceñas) e o mosteiro de Xuvia. É unha paraxe idílica con zonas de sol e de sombra para descansar despois de remollarse no río. Accédese a el a través dunhas escadas de madeira tipo grada que foron instaladas recentemente.

O lugar conta tamén cunha zona de bancos, mesas e grellas onde preparar o xantar, unha ampla zona de campo na que realizar numerosas actividades cos nenos e nenas e parque infantil con diferentes elementos. Ademais, ao lado da área recreativa atopamos un cámping, con cafetería-restaurante, onde se poden pasar varios días para desfrutar por completo da zona. É importante coñecer que o bar só está aberto no verán, o resto do ano faino ocasionalmente para eventos ou nas fins de semana de primavera. A mellor forma para chegar é en transporte privado (coche ou autocar), xa que se atopa bastante afastado da urbe. Conta con dous aparcadoiros, un pola parte fluvial e outro pola parte de arriba, ao lado das mesas e grellas.

Aldea Nova

A ficha

  • Materias relacionadas: Ciencias Naturais, Bioloxía, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación Física
  • Idades: Primaria, ESO e Bacharelato
  • Ten unha dificultade media
  • A duración é de 2 horas en bici e 4 horas andando cunha lonxitude de 14 Km
  • Non facer as rutas pola zona en época de choivas polas inundacións próximas ao río
  • Accédese desde a autovía Ferrol-Vilalba AG-64, saíndo dirección Xuvia pola AC-862 e desviándose cara onde está sinalizada a 1Km
  • Tamén se pode chegar por Neda, pola autopista Coruña-Ferrol, continuando ata O Couso e preguntar alí
rutas por Ferrol