«Vémonos no Camiño Inglés». É a frase que repiten persoeiros de diferentes eidos, desde as actrices Paula Morado e Sonia Castelo, ata os cantantes Santi Santos e Guadi Galego, a escritora Eva Loureiro ou os artistas Leandro Lamas e Garabatos Juanlu, nun vídeo promocional feito polo colexio ferrolán Santa Xoana de Lestonnac como remate a un ano intenso de traballo en torno á ruta de peregrinación que vai de Ferrol a Compostela. O vídeo pode verse en YouTube –preme aquí-, onde desde xuño pasado acumula máis de 600 visitas.

Pero o traballo en torno ao Camiño Inglés foi moito máis aló da grabación deste vídeo. Os diferentes niveis educativos do centro implicáronse no proxecto educativo bautizado como «Camiña conmigo, camino contigo». O obxectivo era traballar cuestións como a convivencia, a solidariedade ou a concienciación social, dando a coñecer o patrimonio lingüístico, histórico, artístico e cultural vencellado á ruta. Tanto desde a clase de matemáticas como desde a de inglés, todas as asignaturas atoparon neste proxecto un pretexto para aprender.

O proxecto do Camiño Inglés marcouse tamén como metas concienciar a toda a comunidade educativa do dereito que temos de coñecer, gozar e protexer o noso patrimonio, así como a elaboración de propostas de mellora para unha mellor xestión e a implicación directa na súa promoción, como é o caso do vídeo.

Saídas

Parte do proxecto foi a realización do Camiño Inglés. Os alumnos e alumnas do colexio Santa Xoana de Lestonnac fixeron numerosas saídas para percorrer diferentes tramos, algún deles acompañados por usuarios de Aspanaes. Estas actividades serviron para traballar sobre a importancia dos hábitos de vida saudables, na integración con persoas con dificultades sociais e tamén para aprender e actuar no coidado da natureza. Así, os escolares do centro participaron durante as súas excursións coa iniciativa «Coge 3», que invita a retirar tres plásticos e contribuír ao mantemento dun entorno máis limpo.

Houbo tamén moito traballo dentro das aulas, na decoración do centro, na creación de varias pezas teatrais alusivas á ruta do Camiño Inglés, decoración de vieiras e un longo etcétera. E unha das fachadas do centro serviu de marco á pintura dun gran mural sobre o itinerario xacobeo.

O Camiño Inglés é una das rutas que propoñemos na revista DeExcursión. No seguinte enlace –http://www.deexcursion.net/camino-ingles/– tedes una descripción do itinerario ao seu paso por Ferrol, Narón e Neda.

Calquera delas é una saída gratuíta, no medio urbán e nas que os grupos escolares poden atopar moitos atractivos, para aprender e para divertirse.