MOSTEIRO DE CAAVEIRO E FRAGAS DO EUME

Separador

MOSTEIRO DE CAAVEIRO E FRAGAS DO EUME

  • Centros de recepción de visitantes:
    Estrada Pontedeume-Mosteiro de Caaveiro, km 6,Ombre
    43°25’37.0”N 8°07’41.3”W
    Estrada DP-5003 Monfero
    43°20’25.6”N 8°02’16.4”W
    Museo Etnográfico da Capela
    O Pazo, s/n. A Capela
    43°25’34.2”N 8°03’57.8”W

As Fragas do Eume son un dos bosques atlánticos costeiros mellor conservados de Europa. Nas súas 9.000 hectáreas posúe unha riqueza natural extraordinaria, con diferentes especies arbóreas que conforman un contorno vexetal envexable.

Desde a Deputación da Coruña contan cun programa de turismo escolar no que se pretende que os máis xoves coñezan o patrimonio da zona. Neste proxecto inclúese unha visita ás Fragas do Eume, onde existen catro rutas de sendeirismo moi interesantes para facer co alumnado. Algún destes itinerarios chega ata o Mosteiro de Caaveiro, un templo do século X que se alza sobre un montículo rochoso entre os ríos Eume e Sesín.

A Deputación propón tamén outros percorridos pola provincia, que poden adaptarse as necesidades e intereses de cada centro, e incluso combinalos para mellorar a experiencia:

“Testemuñas de pedra” é unha andaina que pasa polo Pazo das Torres do Alto e o Castelo de Vimianzo.

Para coñecer a historia da tradición da olería é posible realizar o paseo chamado “Ritual e tradición”, que se achega ao mundo do barro a través do ECOmuseo Forno do Forte en Buño e tamén á historia do Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños.

Outra das excursións propostas é “Romanos no Mandeo”, na que se integra a visita ao Centro de Interpretación de Teixeiro, para poñer en valor o patrimonio do contorno.

E por último, a ruta do “Bosque Animado”, na que se pretende que o alumnado descubra como era a vida nos pazos, percorrendo o Pazo de Mariñán e a Casa de Wenceslao Fernández Flórez, a cal inspirou a súa novela O bosque animado.

Ademais, para incentivar aos rapaces para aprender durante as excursións, desde a Deputación organízase un concurso de debuxo e escrita. Neste premiase aos escolares que mellor reflictan os coñecementos adquiridos durante as visitas.

  • Idades: De Infantil a Bacharelato

  • Materias: Ciencias Naturais, Bioloxía, Xeografía e Historia, Ciencias Sociais, Educación Física

  • Recomendacións: Pódense concertar con antelación visitas guiadas. Restrición de acceso de vehículos particulares ao Mosteiro de Caaveiro durante o verán.

  • Máis información: A Deputación de A Coruña pon a disposición dos visitantes un servicio de transporte gratuíto dende o Centro de Interpretación das Fragas do Eume: https://turismo.dacoruna.gal/es/descubre/turismo-escolar

rutas por Ferrol