Gadis desenvolve desde hai anos o programa «Alimentes» para ensinar correctos hábitos alimenticios aos nenos. Ao longo do último curso, máis de 700 alumnos de Ferrol participaron na iniciativa. Os alumnos recibiron información práctica e teórica acerca do que é saudable. E Supermercados Gadis vén de repartir premios entre os participantes.

Así, entregáronse tres regalos, unha bicicleta, unha table e unha cámara de fotos, entre os alumnos dos diferentes centros educativos de Ferrol que participaron este curso no programa Alimentes. Supermercados Gadis desenvolve entre febreiro e xuño a iniciativa. Os grupos escolares fan visitas guiadas aos establecementos de distribución desta cadena galega. Os profesores reciben material didáctico adaptado ao currículo oficial do segundo ciclo de Educación Infantil e Primaria de Galicia.

Nas visitas concédese especial importancia ás seccións de produto fresco dos supermercados. Alí os alumnos de Ferrol recibiron recomendacións para diferenciar os tipos de carne e pescado. Na visita, incídese tamén na importancia de levar un estilo de vida activo e unha alimentación sa e equilibrada. Os cativos reciben información, entre outras cousas, sobre as etiquetas dos produtos e as datas de caducidade.

En total, máis de 7.000 escolares de entre 3 e 12 anos de Galicia e Castela-León participaron no programa. A iniciativa enmárcase no plan de Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa.

Máis información: http://www.gadis.es/visitas-escolares