FENE
MUSEO DO HUMOR
Avda. de Conces, 20-22. Fene
Teléfonos: 981 342 400 / 981 341 451Museo do Humor: 981 342 400 / 981 341 451
museodohumor@fenecidadan.gal
museodohumor@gmail.comFerrol 6 Km
A Coruña 46 Km
Viveiro 80 Km
Santiago 87 Km
Este museo é único en Galicia. Centrado no humor e a risa, o seu obxectivo principal é entreter e divertir ás personas que por alí pasen. Fundouse en 1984 da man do debuxante Xaquín Marín, quen ademais de fundador, foi director da entidade os primeiros 25 anos.
A forma galega de interpretar o humor parecía que estaba por desaparecer antes da fundación do museo, motivo polo que en 1983, Marín e Siro López percorreron Galicia cun manifesto en defensa do humor co que se pretendía concienciar á poboación galega.
A arte axuda a fomentar a creatividade dos nenos e nenas e promove o coñecemento cultural e a sensibilidade. Este non é un museo no que aburrirse, senón todo o contrario. Unha visita a estas salas permite achegarse á figura do seu impulsor, pero tamén a outros moitos humoristas gráficos galegos, como Siro López, Reimundo Patiño, Quesada, Forxán, Luís Davila, Pinto&Chinto, Andrés Meixide, Kiko Dasilva, Leandro Barea ou Miguelanxo Prado…
O Museo do Humor conta na súa exposición permanente con preto de 300 orixinais, entre os que ademais de pezas de humor gráfico tamén podemos atopar obxectos curiosos como as esculturas do “Galego nas escaleiras” ou do “Carrabouxo”, unha colección de pedras pintadas e espellos cóncavos e convexos nos que o alumnado pode ver a súa propia imaxe deformada.
Para facer a visita aínda máis divertida existe a posibilidade de realizar un tour guiado pola exposición, que conta con espazos dedicados ás caricaturas, ao humor negro ou á banda deseñada, entre outros. E logo realizar algún obradoiro artístico, adaptado segundo a idade.
Idades: De Infantil a Bacharelato
Materias: Plástica, Ciencias Sociais, Humor Gráfico.
Horarios: Visitas guiadas en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
Máis información: museodohumor.fene.gal
O Museo do Humor converteuse tamén en activo promotor de actividades culturais coma os premios de humor gráfico “Curuxa” ou, máis recentemente, o proxecto “Viñetas do Camiño”. A iniciativa, enmarcada dentro do programa O Teu Xacobeo, puxo en valor o patrimonio material e inmaterial do Camiño Inglés ao seu paso por Ferrolterra a través do traballo artístico dunha ducia de ilustradores da comarca. O proxecto mobilizou durante a primaveira de 2021 ao tecido asociativo e cultural da localidade, dando lugar a obradoiros escolares e para adultos, actuacións musicais e humorísticas, encontros de ilustradores e, sobre todo, a unha “Andaina Debuxada” que levou aos participantes a percorrer emprazamentos destacados da ruta cara compostela. O froito desta actividade quedou reflectido nunha exposición virtual e noutra mostra ao aire libre.
Ruta: Viñetas do Camiño
Descrición: Exposición ao aire libre con vinte e catro obras espalladas en seis cubos ao longo do Camiño Inglés ao seu paso por Ferrolterra.
Idades: De Infantil a Bacharelato
Materias: Plástica, Ciencias Sociais, Humor Gráfico
Horarios: A exposición ao aire libre pódese visitar ata decembro; a mostra virtual de forma permanente en www.vinetasdocamino.gal
PRAIAS E OCIO ACTIVO
Concellerías de Ensino e Deportes
Av. de Naturais, 44, entresollado. FeneTeléfono: 981 340 366 / Mail: cultura.deportes@fene.gal
Ferrol 6Km
A Coruña 46Km
Viveiro 80Km
Santiago 87Km
Situada entre dúas rías, Fene é unha localidade moi ligada ao mundo do mar, sobre todo pola súa forte vinculación coa construcción naval e os estaleiros, que se remonta a mediados do século XX.
Actualmente, neste concello pódense realizar diferentes actividades de ocio activo na contorna marítima, moi interesantes para levar a cabo co alumnado de diferentes etapas educativas nas épocas de bo tempo, como pode ser a finais de xuño ou a principios do curso escolar, en setembro ou outubro.
As praias deste municipio, cunha orientación privilexiada, son na súa totalidade de ría, de pequenas dimensións, con area fina, augas tranquilas e limpas. Pouco concorridas e de fácil acceso, estas calas posúen paisaxes naturais de gran beleza e valor paisaxístico. Nelas pódese realizar algún tipo de actividade ou deporte náutico, como o piragüismo, a vela ou o palasurf.
Entre os areais máis destacados da vila están os de Río Sandeo, Río Castro e Coído, situados na parroquia de Limodre, na parte que dá á ría de Ares, desde onde contemplar o resto das calas das ribeiras. Tamén nesta parroquia está a praia de Almieiras, unha zona habitual para o fondeo de embarcacións.
Ademais, existe unha senda natural que conecta os areais pola que se pode facer unha ruta de sendeirismo co alumnado e apreciar a riqueza do emprazamento no que a flora e fauna autóctona se refire.
Aínda que se trata de paraxes naturais de gran valor e non urbanizados, todas elas contan con bos accesos, aparcadoiros e servizos que favorecen que se acheguen a elas grupos organizados.
Idades: Quinto e Sexto de Primaria, ESO e Bacharelato
Materias: Educación Física, Ciencias Naturais, Bioloxía
Máis información: Departamento de Deportes Concello de Fene
Teléfono 607 615 962 / Mail: cultura.deportes@fene.gal