EXPONAV

Separador

EXPONAV

  • Edificio de Herrerías, Cantón de Molíns s/n. Ferrol.
    43°28’56”N 8°13’51”W

  • Ferrol 0Km
    A Coruña 50Km
    Viveiro 87Km
    Santiago 93Km

O Museo da Construción Naval da Fundación Exponav vén de cumprir dez anos e hoxe está consolidado como un dos principais destinos das visitas escolares. Atópase no edificio das Ferrerías, onde no século XVIII se desenvolvían tarefas de forxa para o Arsenal e que foi recuperado mantendo a súa imaxe orixinal.
A visita ao museo supón un completo percorrido pola HISTORIA DA CONSTRUCIÓN NAVAL, desde os primeiros barcos ata os máis modernos a través de maquetas e modelos e de elementos relacionados coa navegación. As recreacións de antigos navíos de guerra comparten espazo con barcos reais, desde un snipe ata un bote polbeiro pasando por unha traiñeira ou un pesqueiro tradicional.
Chaman a atención UNHA ESPECTACULAR CADERNA -unha peza que constitúe o esqueleto do barco- e partes do CASCO DA FRAGATA MAGDALENA, afundida nas costas de Viveiro no ano 1810 e recuperada do fondo do mar a mediados dos 70 do pasado século.

A colección exposta acaba de medrar con SETE SALAS DEDICADAS AOS ESTALEIROS DA RÍA DE FERROL, desde a Sociedad Española de Construcción Naval ata a actual Navantia. Xunto a elas, na primeira planta do edificio, hai unha MOSTRA DE FAROS E SINAIS MARÍTIMOS que inclúe a antiga e vistosa óptica do de Estaca de Bares.
A Fundación Exponav organiza OBRADOIROS para os visitantes de colexios e institutos concertándoos con antelación: de busca do tesouro ou contacontos para os máis pequenos ou de nudos para os maiores, entre outras propostas e tamén ten un club infantil coa súa mascota, CORMONAV.

A ficha

  • Museo/Centro de Interpretación
  • Materias relacionadas: Ciencias Sociais/Xeografía e Historia/Física/Tecnoloxía
  • Idades: Desde Infantil ata Bacharelato
  • Duración: Media xornada
  • Horario: De Martes a Domingo de 10:00 a 20:00 (concertar a visita con 3 días de antelación)
  • Gratuíto
  • Tenda de recordos
rutas por Ferrol