Cuando:
2 noviembre, 2023 a las 6:00 pm – 7:00 pm
2023-11-02T18:00:00+01:00
2023-11-02T19:00:00+01:00
Donde:
Casa Dopeso As Pontes
Precio:
Gratis
A Tareixa, o que máis lle gusta no mundo é xogar co seu muiño. Pero un día o vento desaparece e o seu xoguete deixa de xirar. A pequena decide emprender unha longa viaxe para saber por que xa non hai vento. No camiño atopará moitas personaxes e vivirá grandes aventuras. E por fin, descobre o misterio: As nubes están moi enfermas, por iso non poden facer soprar o vento. Están moi enfermas porque os humanos levamos moitos anos contaminando. Conseguirá Tareixa, xunto co público, que o seu muiño volte a xirar?
Espectáculo de contacontos musical para bebés con monicreques a cargo de Animar-T.