Cuando:
11 mayo, 2023 a las 6:00 pm – 7:30 pm
2023-05-11T18:00:00+02:00
2023-05-11T19:30:00+02:00
Donde:
Casa Dopeso As Pontes
Precio:
Gratis
Maletas de distintos tamaños e formas estimularán a imaxinación do público para guialo por países inventados e reais, fantásticos e universais. Mergullarémonos no mar e pasearemos por París ata chegar á muralla chinesa.
Fomentaremos a lectura coa teatralización, nun constante xogo de interacción cos nenos e nenas e acompañaremos á ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo; teremos que preguntarlle ó sol, á nube e ao vento, nun xogo de coreografías divertidas, para conducir avións, globos e naves espaciais.
E remataremos a viaxe coa maleta cheíña de sorpresas pois despois deste percorrido imaxinario teremos unha nova maneira de ollar o Mundo.
Actividade para nenos e nenas a patir de 4 anos de idade.