Cuando:
15 febrero, 2024 a las 6:00 pm – 7:00 pm
2024-02-15T18:00:00+01:00
2024-02-15T19:00:00+01:00
Donde:
Casa Dopeso As Pontes
Precio:
Gratis
Barullo! é un achegamento á linguaxe do clown creando un «gaiteiriño» moi cómico, que mestura as artes do paiaso co vestiario, identidade e recursos da música galega. O obxectivo do espectáculo comeza coa teima de axudar ao seu amigo Pepe, un lindo porquiño, a atopar o instrumento que mellor vaia coa súa personalidade, estilo e tamaño.
E con moito ritmo! Pois non faltan os ritmos esenciais da tradición musical galega como a xota, o pasodoble, a rumba, a pandeirada e, como non, a muiñeira. Cantando, tocando, bailando e facendo participar aos máis pequenos dende o minuto cero.
A partir dun ano con entrada gratuíta.