Cuando:
4 octubre, 2020 a las 12:30 pm – 1:30 pm
2020-10-04T12:30:00+02:00
2020-10-04T13:30:00+02:00
Donde:
Casa da Cultura de Neda
Precio:
1 euro nenos/ 2euros adultos

Dentro do programa municipal do Concello de Neda Teatro en Familia, o domingo 4 de outubro Xoán Curiel e Charo Pita porán en escena o espectáculo «Canta, miña pedra, canta». Será na Casa da Cultura a partir das 12.30 horas. O músico e a contacontos levarán ao público infantil os relatos populares galegos e cancións que Antonio Fraguas (ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas no 2019) recolleu en «Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade».