Cuando:
26 mayo, 2024 a las 9:30 am – 2:30 pm
2024-05-26T09:30:00+02:00
2024-05-26T14:30:00+02:00
Precio:
Gratis

Xeoparque Cabo Ortegal, recoñecido pola UNESCO como Xeoparque Mundial, celebra neste mes de maio o seu primeiro aniversario. Por este motivo especial, e coincidindo coa Semana dos Xeoparques Europeos, organízase unha completa axenda de actividades, entre as que se inclúe esta XeoRuta da Costa. Guiada por Fran Canosa, esta ruta visita os Cantís da Capelada, Cabo Ortegal e a Costa de Espasante. Inclúe autocar.

Para participar nestas visitas e roteiros guiados é preciso inscribirse previamente a través da web https://xeoparquecaboortegal.gal/