Cantón de Molíns. Ferrol
A Fundación Exponav organiza en outubro dúas novas visitas guiadas gratuítas polo Museo da Construción Naval, situado no edificio das Ferrerías. Trátase da exposición máis importante de Europa dedicada a este tema e resulta moi axeitada para visitas escolares porque os percorridos -en castelán, galego, inglés e portugués- adáptanse ás idades do alumnado. Tamén ten talleres gratuítos sobre diferentes temas.
A visita do sábado é un percorrido con guía dirixido a toda a familia para coñecer as pezas máis interesantes do museo, entre elas o pecio da fragata Magdalena, afundida nas costas de Viveiro. Hai que reservar cita a través de exponav@exponav.org ou no teléfono 981 359 682.