Esta obra de teatro inclusiva da compañía A Trastenda de Contos está dirixida a nenos e nenas xordos e oíntes de entre catro e dez anos. Conta a historia dunha nena que xoga no seu xardín coa imaxinación como compañeira. Un día pregúntase como se verá a vida a través das gafas do avó.
As persoas interesadas en asistir teñen que reservar as localidades a través do mail enrique.vazquez@cedeira.gal ou enviando un whatsapp ao número 649 876 614 en horario de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome e número de contacto.