Cuando:
20 diciembre, 2019 a las 6:00 pm – 7:00 pm
2019-12-20T18:00:00+01:00
2019-12-20T19:00:00+01:00
Donde:
Casa da Cultura de Neda
Precio:
Gratis

A compañía «Ti e máis eu Teatro» representará unha obra, da que é autora Josefa Deibe e está pensada para público infantil e familiar. Trátase dunha comedia fantástica, que discorre nesta época do ano. «É Nadal!  Nevaaaa…!!!! Que doado é soñar!!! Nunha pequena casa feita de talos de madeira vive o Señor Duende, en soidade, no medio do monte…De súpeto empeza a nevar e o noso protagonista abre a ventá. Envolto na maxia dun grande manto blanco e ollando como as serpentinas folerpas caen no chan, nas árbores, e entran pola fiestra aberta…..Os soños acenden paseniño o seu corazón solitario e, a golpe de latexos, nacen os personaxes desta historia que te engaiolará». Retirada de convites na Casa da Cultura a partir do xoves día 20