Cuando:
16 febrero, 2020 a las 6:00 pm – 7:00 pm
2020-02-16T18:00:00+01:00
2020-02-16T19:00:00+01:00
Donde:
Pazo da Cultura de Narón

«The Show Moscón» é un circo ambulante de varietés, presentado por un moscón gordo e repoludo. Trátase dun marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior. Nace como homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ao longo dos anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión. A actuación correrá a cargo da compañía Galitoon. Chisco Casteleiro é o autor dunha obra cuxa representación correrá a cargo de Rubén Mira e Chisco Casteleiro.  Prezo: Público xeral: 9,50 euros/ abonados, desempregados, carné xove ou de estudantes (ata 25 anos): 6,65 euros e menores de 14 anos: 5,50 euros.