Cuando:
13 diciembre, 2019 a las 6:00 pm – 7:00 pm
2019-12-13T18:00:00+01:00
2019-12-13T19:00:00+01:00
Donde:
Auditorio Municipal Cine Alovi, As Pontes
Precio:
3€

O grupo Tanxarina Teatro representará mañá a peza «A galiña azul», premio María Casares 2018 ao mellor espectáculo infantil e premio Fetén 20018 ao mellor espectáculo de minicreques.

Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de cores. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades. A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, destinado ao público infantil e familiar, no que empregamos diversas técnicas de manipulación de bonecos e traballo actoral. O texto de C. Casares, pedra angular da literatura infantil galega, cobra nova vida neste espectáculo que recolle catro contos do orixinal do autor, nunha divertida adaptación.