Cuando:
21 julio, 2022 a las 8:00 pm – 9:00 pm
2022-07-21T20:00:00+02:00
2022-07-21T21:00:00+02:00
Donde:
Paseo marítimo Xubia
Precio:
Gratis
O Concello de #Neda convida aos máis pequenos e pequenas da casa e ás súas familias a tomar parte no programa Miúdo Verán, que vén cargado este ano de propostas culturais do máis diversas co cine, a música, o teatro, a danza ou o circo como protagonistas.
A participación é gratuíta, con reserva previa de entrada dende os luns precedentes a cada actividade na Casa da Cultura ou 981 39 02 33 de 9 a 13 h. O programa, que impulsa o Concello, conta co patrocinio do Xacobeo, do proxecto Ler Conta Moito e da Rede Cultural da Deputación. Así mesmo, o Concello de Neda tentou unha vez máis estender ás diferentes parroquias e espazos as actividades.
Arrancarán o próximo xoves 21 de xullo, co espectáculo “Sofá”, a partir das 20 horas no paseo marítimo de Xubia. Así, a compañía da creadora e intérprete Marta Alonso Tejada ofrecerá un espectáculo no que a danza e o humor serán os grandes protagonistas, combinados coa interacción co público e a cercanía con este.