O Xeoparque Cabo Ortegal, recoñecido pola UNESCO como Xeoparque Mundial, celebra neste mes de maio o seu primeiro aniversario. Por este motivo especial, e coincidindo coa Semana dos Xeoparques Europeos, organízase unha completa axenda de actividades, entre as que se inclúe esta visita guiada con desprazamentos en coches até 4 ou 5 puntos de observación para ver aves acuáticas. O percorrido rematará cun pequeno roteiro de 3 quilómetros, buscando a ruta da nutria e outro tipo de mustélidos.
Para participar nestas visitas e roteiros guiados é preciso inscribirse previamente a través da web https://xeoparquecaboortegal.gal/