A compañía Talia Teatro trae este sábado, a partir das 19 horas, á Casa da Cultura o espectáculo familiar “Rosa Caramelo e outras historias”, baseado nos contos de Adela Turín. Unha obra, destinada aos máis cativos da casa, na que se lle da a volta aos tradicionais roles e estereotipos de xénero. A montaxe, con música en directo, forma parte das propostas a prol da igualdade que impulsa o Concello de Neda, con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A entrada é de balde.
Rosa Caramelo e outras historias
Cuando:
17 junio, 2023 a las 7:00 pm – 8:00 pm
2023-06-17T19:00:00+02:00
2023-06-17T20:00:00+02:00
Donde:
Casa da Cultura de Neda
Precio:
Gratis