Cuando:
19 noviembre, 2022 a las 6:30 pm – 7:30 pm
2022-11-19T18:30:00+01:00
2022-11-19T19:30:00+01:00
Donde:
Casa da Cultura de San Sadurniño
Precio:
Gratis

Este sábado a partir das 18:30h tedes unha cita na Casa da Cultura con Paco Cerdeira «Pakolas» e o seu espectáculo ROCKEAMOS TODAS.

Traeranos unha selección dos seus propios temas, revisados e rigorosamente escollidos para a ocasión, nos que as protagonistas son as nenas e mulleres: nais, inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas quetratan de poñer en valor a importancia de vivir en igualdade, dehistorias contadoras de superación de desigualdades, e de loita polorespecto e a liberdade.

Coa súa guitarra e a súa voz ao vivo, completando con bases gravadas de baixo e batería, e co seu estilo rockeiro tan inconfundible, Pakolas fará gozar por igual a rapazada e persoas maiores. Podedes reservar a vosa entrada -gratuíta- no 616 332 919 ou en agustin.perez@sansadurnino.gal