Cuando:
2 abril, 2022 a las 12:00 pm – 1:00 pm
2022-04-02T12:00:00+02:00
2022-04-02T13:00:00+02:00
Donde:
Casa da Cultura de Neda
Precio:
Gratis
A Casa da Cultura acollerá a próxima semana o espectáculo infantil de Trémola Teatro “Que animaliño é?”. Unha producción que chega a #Neda da man do Servizo de Normalización Lingüística. A función terá lugar o sábado 2 de abril, a partir das 12 horas, e a entrada é gratuíta, ata completar aforo. Iso si, é preciso reservala previamente chamando, a partir do próximo luns 28 de marzo, ao 981 39 02 33.
“Que animaliño é?” é un espectáculo sensorial e de teatro infantil para aprender e xogar cos animais en galego. Creado e protagonizado por Paula Regueiro e Lucía L. Golán, está dirixido a nenos e nenas de entre 6 meses e 4 anos