Cuando:
23 junio, 2024 a las 10:30 am – 11:30 am
2024-06-23T10:30:00+02:00
2024-06-23T11:30:00+02:00
Donde:
Parque de Freixeiro (Narón)
Precio:
Gratis
O Proxecto Guizo remata este domingo cunha recolleita de Herbas de San Xoán organizada polo grupo naturalista Hábitat e na que os nenos e nenas participantes aprenderán a coñecer as herbas propias desta festa, a tradición asociada a cada unha delas e os seus diferentes usos tradicionais. A iniciativa está aberta a idades entre 6 e 12 anos e s menores terán que ir acompañados dunha persoa adulta.
A inscrición ten que realizarse a través do correo electrónico a.pita@naron.gal.