Cuando:
20 enero, 2024 a las 11:00 am – 12:00 pm
2024-01-20T11:00:00+01:00
2024-01-20T12:00:00+01:00
Donde:
Centro cívico social do Couto (Narón)
Precio:
Gratis

Pegadas Culturais presenta esta actividade. O xogo da oca nunca foi tan divertido, pois as familias poderán coñecer, entre outras cousas, que sons emiten as curuxas e as cigarras; como son as pegadas dos corzos e dos xabarís; por que son tan características as feces dos raposos; ou como poden diferenciar o pelo do lobo. Ademais, este xogo estará tamén cheo de datos curiosos e interesantes sobre os distintos animais do noso contorno.

Para nenos e nenas de 6 a 12 anos con inscricións a través do correo electrónico a.pita@naron.es.