Cuando:
20 marzo, 2024 a las 5:00 pm – 5:40 pm
2024-03-20T17:00:00+01:00
2024-03-20T17:40:00+01:00
Donde:
Centro cívico social de San Xiao (Narón)
Precio:
Gratis

Pum, pum!

Quen é? Quen chama á miña casa, casiña, casona?

Imos visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas-maleta que viaxan polo mundo… Tamén imos coñecer aos seus habitantes: animais que falan, obxectos cotiás e máxicos, familias diversas e asombrosas…

A casa é o símbolo do colo amoroso que nos acolle nos primeiros anos de vida, o colo que nos arrola, abraza e protexe. A casa é o fogar, o centro do mundo na primeira infancia e está chea de portas e ventás que se abren ao mundo e que nos convidan a descubrilo. Cada quen ao seu ritmo, levada pola súa propia curiosidade.

Un espectáculo para primeira infancia e as súas familias baseado no asombro, a transmisión do amor a través da lingua galega e a palabra, dos primeiros cantos xogos, cancións de dedos, trabalinguas, arrolos poemas… que forxan os cimentos da casa que construímos ao longo das nosas vidas.

Idades: de 0 a 6 anos.

Inscricións en apita@naron.es.