Cuando:
21 febrero, 2024 a las 5:00 pm – 5:45 pm
2024-02-21T17:00:00+01:00
2024-02-21T17:45:00+01:00
Donde:
Centro cívico social de San Xiao (Narón)
Precio:
Gratis

Sesión de arrolos na que se empregan movementos acompasados, percusión corporal, sons bucais e instrumentos musicais de raíz, entre eles os axóuxeres como a gaia, o dálle, ou peido de galiña…

Tradicionalmente estas cantigas empregábanse para relaxar e adormentar as nenas e nenos transmitíndolles serenidade, protección e amparo, favorecendo o sono, e reforzando o vínculo afectivo entre as crianzas e as persoas adultas.

Para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Inscricións en apita@naron.es.