A compañía Aracaladanza representará este venres no Pazo do Cultura a obra «Play», unha coreografía do creador arxentino Enrique Cabrera. «Play» é unha festa sen respiro que contaxia alegría, alenta o sorriso e comparte diversión. E o pano, esta vez, tampouco baixa. Porque a festa continúa despois…. É un espectáculo de danza contemporánea para público familiar e infantil a partir de catro anos. As entradas véndense ao prezo de 6,65 euros para aboados/as, será de 9,50 para o público en xeral 9.50 e de 5,50 euros para menores de 14 anos.